jueves, 23 de abril de 2015

A NOSA HORTA para celebrar o DÍA DA TERRA

Como conmemoración do Día da Terra, os nenos e nenas de terceiro concienciámonos do importante que é a vexetación para o noso planeta. Sementamos diferentes especies de flores e froitas.
Aínda non podemos denominalo horta...pero xa están medrando as prantas nas nosas aulas!!


Cando pase un tempo poderemos recoñecelas máis facilmente. Dunhas macetas narerá manzanilla, doutras, flores variadas e doutras, fresas.




ESTADE ATENTOS PORQUE IRÉMOSVOS INFORMANDO DA SÚA EVOLUCIÓN!

DE ACTUALIDADE...PRÓXIMAS ELECCIÓNS


Este é un pequeno video onde se recolle parte do traballo que realizamos sobre o funcionamento dun grupo de goberno. O proceso foi longo e produtivo, aínda que aquí só se mostran anacos moi pequeniños. 
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

miércoles, 22 de abril de 2015

REPASO SOCIAIS: A HISTORIA

LE TODO CON ATENCIÓN, MIRA OS VIDEOS E AO FINAL DE TODO ATOPARÁS XOGOS!! 

En primeiro lugar temos que diferenciar 3 tempos:
- Pasado: Feitos que xa nos ocorreron.
- Presente: Feitos que nos están ocorrendo agora.
- Futuro; Feitos que nos ocorrerán máis adiante.


¿Como medimos o tempo?
Podemos facelo en horas, días, meses, anos....


A historia é a ciencia que se ocupa de estudar os feitos que ocorreron en tempos pasados.



Neste tema estudiamos a Idade Prehistórica, Idade Antiga, Idade Moderna e Idade Contemporánea


1. A PREHISTORIA:  Divídese en Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais.


Nesta etapa aparecen os primeiros homínidos, que nun principio eran nómadas (non tiñan unha casa permanente, ían dun lugar a outro). 
Elaboraban armas con pedras, ósos, etc.
Visten peles de animais e refúxianse en covas.
Pouco a pouco van evolucionando, aprenden a facer e manter o lume. Isto proporciónalles calor, unha mellor comida e asusta aos animais perigosos. FOI UN GRAN AVANCE!!
Nas covas pintan debuxos con sangue e prantas machacadas. Pensan que así poderán cazalos máis facilmente.




2. A IDADE ANTIGA:
 Nesta época aparecen as primeiras civilizacións. Os humanos volvémonos sedentarios (que quere dicir que xa non vamos de un lugar a outro, senón que nos quedamos fixos nun sitio e alí construimos un hogar, domesticamos animais e prantamos cereais.
Algunhas das civilizacións máis importante desta etapa son: 
                           PINCHA AQUÍ PARA VER O VIDEO 2






3. A IDADE MEDIA:
Na Idade Media había tres niveis sociais:
- O clero: Eran os curas, frailes, etc... que tiñan terras e propiedades. Dedicábanse a escribir e copiar libros.
-A nobleza: Eran os reis, condes, duques, cabaleiros, etc. Tiñan privilexios como terras e castelos. Non traballaban, gobernaban os seus territorios e facían guerras.
-Os campesiños e artesáns: Eran os que traballaban. Non tiñan terras propias, cultivaban os campos do seu señor e despois dábanlle parte dos produtos.




4. Idade Moderna: 
Na Idade Moderna, prodúcese un gran avance e desenvolvemento da cultura e o arte. As máquinas e as pequenas industrian evolucionan cada vez máis. Invéntase a imprenta e Cristobal Colón descubre América.



PREME AQUÍ PARA VER O VIDEO 1
PREME AQUÍ PARA VER O VIDEO 2 

5. Idade Contemporánea: 
Comeza coa Revolución Francesa, onde os campesiños, artesáns, obreiros... se opoñen ao poder absoluto do rei. Loitan para que o pobo teña o poder e a nobleza e o clero non abusen dos seus privilexios. 
A industria e a tecnoloxía evoluciona moi rapidamente. Aparecen novos e importantes inventos.






AGORA QUE SABES TODO ISTO....PONTE A PROBA COS SEGUINTES XOGOS!!