viernes, 19 de diciembre de 2014

Triste despedida: ATA SEMPRE!

Hoxe  19 de decembro termina o primeiro trimestre deste curso 2014-2015 pero tamén chegou ao seu fin o meu período de prácticas aquí, no Colexio Fogar Santa Margarida. Antes de marchar quero deixar este comentario no blog.

Primeiro quero dar as grazas a todo o persoal do centro pola boa acollida que me fixeron e polo ben que me trataron durante a miña estadía no colexio.

Segundo quero agradecer a Silvia Picos por me ensinar tantas  e tantas cousas, por me axudar e sobre todo  por confiar en min.

E por último, pero  non menos importante senón todo o contrario, os alumnos e alumnas. Que sen eles nada sería posible.

Nenos/as de 3ºC que me brindastes a oportunidade de traballar con vós, quero agradecervos a confianza que depositastes en min como profesional, e tamén  por deixar que me involucrara nos vosos día a día traballando todos conxuntamente e logrando así os propósitos que nos propuxemos.  Non só vos aprendestes de min senón que eu tamén aprendín moito de vós. E sobre todo grazas por me permitirdes inmiscirme nos vosos soños, oxalá algún día se cumpran!  Vós xa formades parte dos meus.

Felices festas a todos/as.

Un saúdo.

Ana  S.C.