XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO, ESES ÚNICOS DÍAS DO ANO NOS QUE PODEMOS SER E PARECER QUEN QUEIRAMOS, ESES DÍAS ONDE A VERGOÑA E O RIDÍCULO QUEDAN A UN LADO E AMOSAMOS O NOSO LADO MÁIS DIVERTIDO.
NO FOGAR TAMÉN O VIVIMOS DE FORMA ESPECIAL.
Este ano coñecimos a unha parella moi descarada e mandona, Paco e Maruxa. E participamos no concurso TÚ SI QUE VALES, coas nosas mellores galas e coreografías.
ESTES DÍAS FORON UNHA OPORTUNIDADE ESTUPENDA PARA APRENDER UN POUQUIÑO MÁIS OS UNS DOS OUTROS. TIVEMOS QUE TRABALLAR EN GRUPO, PRACTICAR, APORTAR IDEAS...
COÑECÍMONOS MÁIS, DESCUBRIMOS NOVAS FACETAS DOS NOSOS COMPAÑEIROS E VALORAMOS MOITO O TRABALLO DE CADA UN.
FOMOS MARIONETAS, VAQUEIROS, ROQUEIROS DOS OITENTA...
EN DEFINITIVA,
FOMOS FELICES (pero en vez de perdices... comimos filloas!)
VE O VÍDEO DO NOSO ENTROIDO