Primeiro quero
dar as grazas a todo o persoal do centro pola boa acollida que me fixeron e
polo ben que me trataron durante a miña estadía no colexio.
Segundo quero
agradecer a Silvia Picos por me ensinar tantas
e tantas cousas, por me axudar e sobre todo por confiar en min.
E por último,
pero non menos importante senón todo o
contrario, os alumnos e alumnas. Que sen eles nada sería posible.
Nenos/as de 3ºC que me brindastes a
oportunidade de traballar con vós, quero agradecervos a confianza que
depositastes en min como profesional, e tamén
por deixar que me involucrara nos vosos día a día traballando todos
conxuntamente e logrando así os propósitos que nos propuxemos. Non só vos aprendestes de min senón que eu
tamén aprendín moito de vós. E sobre todo grazas por me permitirdes inmiscirme
nos vosos soños, oxalá algún día se cumpran!
Vós xa formades parte dos meus.
Felices festas a
todos/as.
Un saúdo.
Ana S.C.